Información para o teu perfil público
Mastodon é un dos softwares para persoas usuarias e servidores que dan pulo ao fediverso.
As persoas usuarias no fediverso que utilizan mastodon teñen unha ferramenta a súa disposición desde unha das últimas actualizacións que se chama etiquetas destacadas.
Etiquetas destacadas
Como usuaria de mastodon un dos xeitos nos que podes aportar información sobre ti para que outras persoas decidan conectar contigo (ou non) é utilizar o axuste de etiquetas destacadas presente en
Axustes > Perfil > Etiquetas Destacadas
captura de pantalla do axuste
En esta imaxe superior vemos que o axuste (baldeiro por omisión) ofrece a posibilidade de seleccionar directamente algunha das etiquetas que máis utilizamos nos nosos toots ou ben escribir directamente algunha etiqueta que desexemos e gardala clicando en "Engadir novo"(*)
captura do perfil público que verán as usuarias
Unha vez gardado o axuste este novo aporte sobre os teus gustos ou preferencias para comentar serán visibles no teu perfil público para calquera que o visite aínda que non esté conectada contigo.
Cando unha persoa que visite o teu perfil pulse en algunha de esas etiquetas poderá ler os toots públicos que realizaches utilizando dita etiqueta. O número que vemos ao lado da etiqueta é o número de toots públicos que ti realizaches.
De este xeito poderá facerse unha idea máis aproximada dos contidos que publicas, o estilo de escritura, o respeto que tes coas demáis usuarias, a frecuencia dos teus toots sobre ese tema, etc.
Intimidade
Este axuste é optativo e pódelo deixar baldeiro para que non destaque ningún aspecto. Trátase de un campo máis de información pública como pode ser o avatar que utilizas, persoas que destacas, xénero, a túa web, imaxes, etc. Todos estos aspectos pódense engadir se o desexas máis non é obligatorio nin está establecido o seu uso como recomendado, son opcións que se ofrecen a usuaria podendo ter unha conta en mastodon sen máis información que unha conta de correo electrónico activa.
(*) teño que traducir esto mellor
Comments
No comments yet. Be the first to react!