Mastodon 2.7
Aproveitando a actualización da instancia mstdn.io reseño aquí as melloras máis relevantes en este lanzamento así como unhas capturas dos modais de ben vida onde se explica nunha ollada que é mastodon e cómo forma parte do fediverso: redes de comunicación descentralizadas e federadas.
Novas características
traduzo algunha das novidades
Entre as novas características está o directorio de perfil, ao que as usuarias poden engadirse de xeito optativo. O directorio permitelle ver rápidamente usuarias activas nun determinado servidor Mastodon e filtralas polas etiquetas que aparecen na súa bio. Así poderá atopar xente coa que comparte intereses sen ter que ir as liñas temporais públicas, e pode decidir a quen seguir en outros servidores sen ter que rexistrarse alí para mirar dentro!
O titorial que ven as usuarias tras rexistrarse foi totalmente redeseñado (son estas imaxes que estás a ver)
busca usuarias por etiquetas
A páxina pública de etiquetas fai un mellor uso da pantalla encadrando os toots nunha grella en lugar de unha única columna. A páxina pública de toos é a páxina a maiores da interface con columnas por omisión das usuarias conectadas e está orientada principalmente a unha audiencia anónima.
Finalmente, e destinado as administradoras da instancia
2.7 inclúe un novo sistema de moderación.
notas do lanzamento
https://blog.joinmastodon.org/2019/01/mastodon-2.7/
Lembra que Mastodon só é unha parte do fediverso, non o fediverso.
Qué coño!!. A única razón de este artigo é que aparezo reseñado nos créditos como tradutor 😊 ... e tamén para recoñecer un fallo 😉 Axúdame informándome se atopas algún máis.
Comments
No comments yet. Be the first to react!