O MEU fluxo de traballo (workflow) en Plume

como o fago EU

Hai unhas semanas descubrín Plume tras varios meses intentando botarme fóra do wp.com, atopar un xeito para publicar un blog de páxinas estáticas, algo como Pelican, Hugo ou Jekyll. Existen xeitos para facelo incluso si non tes un servidor propio.

Plume non é un servidor de sitios estáticos. É un software instalado nun servidor que publica utilizando o protocolo ActivityPub de xeito que un usuario calquera de internet ve as páxinas de xeito normal como calquera web. En Plume os artigos de un blog son os estados que publicas con mastodon, por exemplo. Só que aquí son

  • máis longos (permiten máis caracteres)
  • están presentados de xeito individual
  • e con formato (utilizando markdown).

Esto é un estado de Mastodon

captura de un estado mastodon

que ten a mesma estructura básica para ser publicado que este mesmo artigo que estás a ler.

Ferramentas

Para edición dos textos servirache calquer editor de texto simple (gráfico ou no terminal). Só debes utilizar a sintaxe da linguaxe de marcado markdown. É moi simple, aquí tes unha pequena guía. Plume ten unha interface gráfica onde realmente publicarás os artigos, pero no editor de textos local permíteche todo este fluxo de traballo e organización.

Estructura de ficheiros e cartafoles

Dependerá moito do tipo de publicacións que fagas, si son máis ou menos longas, de cantos blogs teñas, si utilizas as túas propias fotos, etc, pero de forma xeral crearás un cartafol principal que conterá todos estos ficheiros.

A localización do cartafol principal é relevante.

  1. Se o colocas dentro da estrucutura de un sistema de ficheiros que teñas sincronizado na nube, tipo owncloud/nextcloud, estarás facendo de xeito automático:

    • unha copia de seguridade
    • poder traballar no mesmo ficheiro desde diferentes equipos
    • compartir con outras usuarias o ficheiro para edición colectiva
  2. Se ademáis (a maiores, de xeito independente ou alternativo) o xestionas con git poderás

    • crear, por exemplo, a rama borradores e a rama publicados
    • adicionar as contribucións que che fagan outras usuarias aos artigos (traballo colaborativo)
  3. Se utilizas ficheiros de medios propios (en lugar de URL) que queres subir ao servidor Plume podes crear un cartafol Medios dentro do cartafol principal para ilos metendo dentro.

Mais simplemente podes crear un cartafol en calquer lugar do teu sistema de ficheiros sin ter nada de esto en conta, só un lugar para meter o que escribas.

Estados: os artigos

Como os artigos individuais conteñen texto plano, podes crear para cada artigo que publiques un ficheiro con un nome que che axude a identificalo. Xa sexa polo título, data, tema ou calquer combinación que che permita organizalos e atopalos posteriormente.

Eu, a pesar da febre escritora que teño estos días por descubrir unha cousa nova, só utilizo un único ficheiro de texto para cada un dos blogs. Non publico textos longos, as publicacións acabarán espaciandose no tempo cando bote fora todo o acumulado :D, polo que con este único ficheiro organizado e estrucuturado poderei traballar ben. Ou eso creo, en calquer caso nada impide cambiar a posteriori a estructura.


Editado 10.09.18

Decidín traer a esta plataforma de publicación os libros que leo, e son uns cuantos, así que agora teño un cartafol propio para cada un onde hai un subcartafol medios coas fotografías e os artigos en ficheiros individuais con formato

YYYY-MM-DD-title.md

Lembra que esto NON afecta a cómo está organizada a información no servidor, só é unha forma de ter a información organizada no teu ordenador. Ten a vantaxe engadida de que é o formato en que se organizan moitos publicadores de páxinas estáticas, polo que facilita a tarefa de importación ou mover os ficheiros a outra plataforma.


Dentro do ficheiro

O meu ficheiro único que contén todas as entradas de este blog ten a seguinte estructura:

# blog post #
title:
subtitle:
content:
DESDE AQUÍ O TEXTO A PUBLICAR UTILIZANDO MARKDOWN
* * * 
### pé de artigo
Podes comentar este artigo desde a túa [conta no **fediverso**](https://fediverse.party "ligazón a visualización do fediverso") sin ter que abrir unha conta en 	este servidor, que para eso **federamos!**.
![CC BY-SA](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/CC-BY-SA_icon.svg/88px-CC-BY-SA_icon.svg.png). ATE AQUÍ SERÁ PUBLICADO.
  • arriba de todo unha cabeceira coa estructura básica de cada artigo. Esto utilizoo como plantilla de copiar e pegar e ir enchendo os campos. O pé de páxina pode ser o que queiras e está dentro do contido do artigo, non é un campo separado. Eu póñolle un convite a participar así como unha foto la licenza (que sí é un campo aparte en Plume).

  • cada artigo dentro de este ficheiro único sepároo con unha raia * * * horizontal

TIP: Valora utilizar un ficheiro único para cada artigo e non para todo o blog, problablemente sexa máis productivo e ortodoxo.

Así, no meu caso estarán os artigos ordenados por data de escritura descendente e numerados dentro de un único ficheiro.

Publicando

Unha vez tes escrito o artigo, vas ao teu taboleiro de publicación en Plume e só tes que copiar e pegar nos cadros correspondentes os datos requeridos. Non esquezas as etiquetas que desexas aplicar ao artigo # (pódelas poñer tamén no teu ficheiro local).

A día de hoxe a edición dos artigos xa publicados aínda está en desenvolvemento (avanzado), polo que quizáis sexa recomendable utilizar algún sistema en liña ou de xeito local para verificar que o escrito terá o formato axeitado unha vez publicado.


Cómo te organizas ti?

Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.

CC BY-SA