XMPP, entrar en salas de conversa pública

titorial simple para utilizar o cliente Conversations

Salas públicas

O protocolo de comunicación XMPP/Jabber leva máis de 20 anos proporcionando a infraestructura de comunicación sobre a que funcionan múltiples servizos. Entre as opcións dispoñibles están as conversas en grupo, comunmente coñecidas como chats en grupo. Estas salas de conversación poden ter un carácter público ou privado según estableza a persoa que as crean. De igual xeito, o acceso a mesma pode estar aberto a calquera ou podería ser preciso que alguén que está actualmente na conversa (ou quen a xestiona) che envíe un convite.

Utilizar XMPP

Para acceder a unha sala de conversa ou simplemente conversar de xeito respetuoso coa túa intimidade con outra persoa debes utilizar un cliente de acceso a rede. Un cliente?. Si, un cliente é o programa que utilizas para utilizar a rede. Igual que podes utilizar Firefox, IE :P , Safari, etc. para acceder a internet, para acceder a rede XMPP debes utilizar algún cliente.

Nos dispositivos Android temos, entre outros, a Conversations (gratuíto en f-droid.

En este pequeno vídeo con subtítulos Sylke Vicious explícanos como en 2 minutos podes estar utilizando esta rede.

Conversations e salas públicas.

Para unirte a unha sala pública con acceso libre desde Conversations, só debes coñecer o seu enderezo e entrar. Saúdas, preséntaste como farías con un grupo de persoas.

Cómo entrar?

Os enderezos de persoas ou salas teñen o formato

nome @ servidor

Sendo nome o identificador da persoa/sala no servidor dado. Un exemplo sería:

jornadaslibres@conference.riseup.net

En Conversations debes pulsar no botón verde situado no canto inferior dereito para iniciar unha conversa. Entón aparecerache o listado de contactos (cos que podes conversar) e o botón transfórmase nun botón co signo +

Ao pulsalo desplégase o menú onde debes pulsar en Unirse a canal público

xa dentro da conversa

Entón debes escoller no desplegable a conta coa que queres utilizar para entrar a esa sala (xmpp permite ter varias contas co mesmo cliente) e escribir o enderezo da sala

xa dentro da conversa

Se o acceso a sala é público poderás ler e publicar inmediatamente para que as persoas que participan da conversa sepan que estás alí.

xa dentro da conversa

E xa está!!

XMPP

Existen listas con salas públicas xmpp de todas as temáticas, pero podes utilizar xmpp como un sistema alternativo a ferramentas tipo whatsapp con tres características fundamentais:

  1. non tes que darlle o teu número de teléfono a ningunha empresa
  2. podes escoller o teu propio provedor de servizo
  3. podes utilizar a túa conta en múltiples dispositivos e/ou clientes.

Se tes dúbidas sobre cómo utilizar xmpp, cómo instalar un cliente no móbil ou no teu ordenador contacta conmigo a través de estas opcións e axudareiche.