gnome-shell 3.30 system tray icons

traer de volta as iconas na bandexa do sistema

TL;DR

gnome decideu hai tempo que as iconas informativas da bandexa do sistema son perder o tempo. Ou algo así. Pero con (K)StatusNotifierItem/AppIndicator Support están de volta.

Adds StatusNotifierItem support to the Shell

Extension Homepage https://github.com/Ubuntu/gnome-shell-extension-appindicator

(k)status Notifier at work. Imaxe from extension page

Con K de KDE.

Primeiro puxoas no canto inferior esquerdo imaxe da web de TopIcon Plus

Despois déronlle outra ao utilizar Wayland pero podiamos solucionalo coa extensión TopIcons Plus, ainda que en Wayland tampouco funcionaba ben xa que moitas aplicacións que non se adaptaron a este cambio non aparecen con ningunha extensión. A persoa que mantiña esta extensión ten mellores cousas que facer que seguirlle o ritmo a gnome e ao mesmo tempo aturar as usuarias. Normal.

Desde gnome-3.28 nin utilizando X en lugar de Wayland ten a bandexa do sistema de volta. Porén, mira a páxina da extensión porque a usuaria eddygeek, xa que semella facela funcionar novamente.

Solución (parcial)

Coa extensión (K)StatusNotifierItem/AppIndicator Support podes ter de volta na bandexa do sistema as aplicacións compatibles coa configuración de gnome, que non son todas pois as aplicacións deberíanse ter ido adaptando a estos cambios de gnome... si quixeren, pois en outros entornos de escritorio non teñen este problema. Así, outra posible solución é utilizar un escritorio diferente.

Aproveita e proba a instalar outras opcións, que en Linux temos esta libertade :D

Máis info

en esta ligazón explican un pouco mellor as razóns de gnome https://www.omgubuntu.co.uk/2017/09/will-you-miss-gnome-legacy-tray

Aquí a explicación de gnome no seu blog.

Tamén en reddit se falou do conto (de qué non se fala alí!?)


Podes comentar este artigo coa túa conta no fediverso, non precisas abrir unha conta en este servidor, aquí federamos!. CC BY-SA