Orixinal do 25 de Febreiro 2017
Apetecíame poñer aquí este par de imaxes. Só como recordatorio.
Hai uns días merquei un trebello para a bicicleta nunha tenda na que me rexistrei utilizando unha conta de google, a misma conta que utilizo no móbil android.
Unha das formas de "dificultar" o traballo dos ordenadores que crean o noso perfil de usuario é diversificar, utilizar unhas contas para uns asuntos e outras para outros, non darlle acceso indiscriminado a todos os servizos e sobre todo, utilizar un enderezo de correo electrónico ao que non teña acceso facebook, google, amazon, apple, etc. Si pode ser cifrado, mellor.
Esa tenda envioume un correo informándome de que o meu pedido estaba en transporte e que pronto o recibiría.
No móbil android tes o Google Now unha especie de "asistente" que crea "tarxetas" con información, organiza tarefas, recordatorios, etc. recollendo información sobre cómo utiliza o móbil o usuario, as aplicacións que utiliza, qué tipo de información busca e le, cando o fai, etc.
Personalmente casi non accedo a esa información, pero cando accedo as "tarxetas" acostumbro ver información xenérica de novas sobre asuntos dos feeds rss que teño en feedly- Non teño activados os servizos que se basan na ubicación, case non utilizo o gmail máis que para cousas do móbil, utilizo aplicacións de terceiros as que google non ten acceso doado (fora da play.store) polo que o google non soe acertar moito cando me ofrece tarxetas "que me poderían" interesar. Eu tomo esto como unha boa nova, algo así como que o algoritmo non ten suficiente información sobre os** meus intereses** como para ofrecerme información interesante. Resultame fácil saber de onde saca a información interpretando o tipo de tarxetas que me suxire.
Fíxate na seguinte imaxe. O encabezado pon "Sugerencias para ti". É dicir, unha tarxeta con información que non pediches explícitamente pero que google considera que pode ser relevante e polo tanto** crea este contido**.
Só pode saber que foi "Enviado" se leu o meu correo (pois ten acceso ao non estar cifrado) ou accedeu a tenda coas miñas credenciais (escenario moi improbable).
Pulsando sobre os tres puntiños da dereita accedes a un menú onde podes escoller si "non queres tarxetas con información de pedidos", ou ben "sobre productos lezyne", ou sobre outros parámetros que utilizou para crear a tarxeta.
Ves a pregunta de abaixo?
¿Quieres permitir a Google conseguir información de seguimiento actualizada sobre las empresas de transportes?
Lamentablemente para esta entrada no blog, pulsei en "NON" :( Pero conceder ese "permiso" probablemente habilitaba un "permiso" non so para este pedido se non para futuros pedidos en esa tenda, ou con ese transportista, tendo acceso ao meu historial na tenda (con todo o que implica). Un permiso revocable, por suposto, pero quén se preocupa de retirar ese tipo de accesos?. Unha vez concedido rara vez o usuario o retira.
Máis tarde...
Nunca, desde que vin o das tarxetas de GoogleNow, me apareceran cousas de ciclismo, e só unhas horas máis tarde da foto de arriba vexo unha información tan pouco relevante (a non ser que sexas un friki do ciclismo) como esta propaganda disfrazada de artigo periodístico sobre Contador e a súa bicicleta nova.
Igual eu estou sensibilizado ao respecto da intimidade nas comunicacións electrónicas, pero vaia, como este podería poñer máis exemplos. Seguramente a maioría de estas coincidencias me resultarán transparentes, pero non son raros esos anuncios que semellan_ perseguirte de páxina web en páxina web. _
As tecnoloxías da información son convenientes e útiles, pero non son gratis. Google dame un gran servizo, con productos de gran calidade (normalmente), pero gustame saber o prezo que pago. Amazon, oh dear Amazon!, tenme moito máis perfilado, pero hei poñer por aquí algunha das pifias que o seu algoritmo fai conmigo. Algunha risa teño botado :D
A conto de qué ven este artigo?
Teño algo que agochar? É ilegal que eu mercase ese trebello? Poderíao utilizar para causar algún mal? Entón... qué me importa que google lea o meu correo?
Por qué permito que alguén lea o meu correo? Qué che parecería se o teu carteiro che entregase as cartas abertas? Si se dedicase a ver canto, onde e con qué frecuencia utilizas a túa tarxeta bancaria cando che chega o extracto mensual? Esto é o que fan as empresas que che dan un (fantástico) servizo de correo electrónico gratuíto.
Mira a túa bandexa de entrada, faite unha idea da información que contén e pensa se colgarías esa información de forma pública. Pensa na analoxía do carteiro que puxen arriba.
Igual xa eras consciente de todo esto, pero non está de máis lembralo. Seguirei utilizando productos de google, pero sabendo o prezo que pago: eu son o producto. Esto non é nada contra google pois as compañías máis coñecidas fan esto mesmo e adaptan as súas ferramentas para mellorar este tipo de actividade. As redes sociais son redes de pesca.
Cal é a túa experiencia ao respecto? Importache que funcionen así as cousas? Poderíase implementar este tipo de servizos sen ter que depender de que os proveedores de servizos actúen de este xeito? Deixa aquí abaixo a túa opinión ;)
Comments
No comments yet. Be the first to react!